Saltar ao contido
Idioma

Galego Castellano

Son profesional

Praceiro/a, xerente ou asociación.

O día a día do posto

Obrigas do titular do posto

Como profesional dun mercado municipal debes cumprir as condicións establecidas na autorización ou concesión do teu posto, así como o regulamento municipal do mercado e a normativa aplicable á túa actividade.

Entre as obrigas habituais atópanse:

  • Respectar os horarios
  • Manter o posto en boas condicións de limpeza e conservación
  • Cumprir as normas sanitarias
  • Ofrecer información clara sobre os produtos e os seus prezos

Cada mercado pode contar cunha regulación específica, polo que é importante coñecer as normas aprobadas polo concello.

Mostrar os prezos dos produtos

Con carácter xeral, as persoas consumidoras deben poder coñecer os prezos dos produtos de maneira clara, visible e comprensible antes da compra, conforme á normativa aplicable.

Mostrador de peixe con etiquetas de prezo

Mellorar o posto

  • Peixe e marisco con etiquetas de prezo

    Vender outros produtos

    Depende das condicións da túa autorización ou concesión e do regulamento municipal. Os postos adoitan estar vinculados a unha actividade ou categoría comercial determinada, como peixaría, carnizaría, froitaría ou alimentación especializada.

    Se queres ampliar ou modificar a túa oferta, consulta previamente co concello se é necesario solicitar unha autorización.

  • Posto de froita nun mercado

    Reformas e modernización

    En xeral é posible introducir melloras no equipamento, na imaxe ou na distribución do posto, sempre que sexan compatibles coa normativa aplicable e coas condicións da autorización ou concesión.

    Antes de realizar obras ou modificacións nas instalacións, consulta co concello para coñecer os permisos necesarios e evitar actuacións non autorizadas: quizais precises licenza ou enviar unha comunicación de obra.

Gañar clientela

Home con produtos nun posto de froita e verdura

Atraer novos clientes

Unha boa presentación dos produtos, unha atención próxima e profesional e unha oferta adaptada ás necesidades das persoas consumidoras son fundamentais.

Tamén podes:

  • Participar nas campañas de promoción do mercado
  • Dar a coñecer os teus produtos nas redes sociais
  • Preparar ofertas especiais
  • Desenvolver novos servizos, como encargas anticipadas e lotes de compra

Diferenciación do posto

A especialización, a calidade, a frescura dos produtos, o coñecemento profesional e a atención personalizada son algunhas das principais fortalezas dos mercados tradicionais.

Destaca aquilo que fai diferente o teu negocio:

  • A procedencia dos produtos
  • A elaboración propia
  • A selección de produtos de tempada
  • As recomendacións de preparación
  • O trato directo coa clientela

Pequenos cambios na presentación dos produtos, na comunicación ou na atención poden contribuír a mellorar a experiencia de compra.

Formarse e colaborar

Vendedora cunha gorra branca tras o mostrador de peixe

Recursos formativos

Existen diferentes recursos formativos promovidos polas administracións públicas, asociacións empresariais, cámaras de comercio e outras entidades.

Ver a Formación
  • Formación continua

    Os hábitos de compra e as necesidades das persoas consumidoras evolucionan constantemente. A formación permite adquirir novas habilidades, mellorar a organización do negocio e incorporar servizos que faciliten a actividade comercial.

  • Campañas de dinamización

    As campañas comerciais, actividades gastronómicas, degustacións, obradoiros e accións promocionais permiten atraer visitantes e reforzar a identidade do mercado.

    Consulta co concello ou coa asociación de comerciantes as iniciativas previstas e propón novas actividades. A participación das persoas praceiras é fundamental para conseguir campañas atractivas e útiles.

  • Boas prácticas comerciais

    Son actuacións que contribúen a ofrecer un servizo de calidade e a mellorar o funcionamento diario do posto.

    Inclúen:

    • A limpeza e a orde
    • A presentación coidada dos produtos
    • A información clara sobre os prezos
    • A atención profesional
    • O cumprimento das normas sanitarias
    • Unha xestión responsable dos recursos
  • Vantaxes das asociacións

    As asociacións permiten representar intereses comúns, facilitar a comunicación co concello, organizar campañas conxuntas e promover iniciativas para mellorar a actividade comercial.

    Traballar colectivamente pode facilitar a resolución de problemas compartidos e favorecer unha maior participación nas decisións que afectan ao mercado.

O relevo do posto

Nave dun mercado con postos
  • Traspaso do posto

    A transmisión dun posto municipal non funciona necesariamente como a dun establecemento privado. Dependerá do título que habilita a súa ocupación, do regulamento municipal e da normativa patrimonial ou contractual aplicable.

    Antes de chegar a un acordo con outra persoa, debes consultar co concello as posibilidades e condicións legais de transmisión. É posible que estea establecida mediante ordenanza reguladora unha contía mínima ou máxima.

  • Xubilación ou cese da actividade

    Se estás pensando en cesar a túa actividade, debes comunicarllo ao concello e comprobar as condicións establecidas no teu título de ocupación. Tamén é importante coñecer os trámites fiscais, laborais e administrativos relacionados co cesamento.

    Planificar este proceso con antelación facilita unha transición ordenada e permite coñecer as alternativas existentes para o posto. Consulta co concello se podes traspasalo aos teus herdeiros, traballadores ou terceiros interesados.

Mercados Excelentes

Beneficios do Selo

O Selo de Mercado Excelente é un recoñecemento oficial da Xunta de Galicia que distingue os mercados que cumpren determinados criterios de calidade, xestión, servizos e instalacións.

Para as persoas praceiras, a excelencia pode traducirse en mellores instalacións, maior visibilidade comercial, novas oportunidades de promoción e unha experiencia de compra máis atractiva para a clientela. Ademais, pode facilitar que o mercado acceda a determinadas liñas de apoio público, segundo os requisitos de cada convocatoria.

Papel das persoas praceiras

A participación das persoas comerciantes é fundamental. A excelencia non depende unicamente das instalacións municipais, senón tamén da calidade da actividade comercial, da atención á clientela, da presentación dos produtos e da colaboración entre os diferentes axentes do mercado.

Interior dun mercado con postos

Aínda non tes un posto nun mercado?

Descubre como emprender ou poñer en marcha a túa idea de negocio nunha praza de abastos galega.

Infórmate aquí

Precisas axuda?

Asistente automático con intelixencia artificial: pode equivocarse, comproba a información importante nas fontes oficiais. Non escribas datos persoais: as preguntas envíanse a un servizo externo para respondelas. Privacidade