Potenciar os nosos mercados
é potenciar Galicia
Mercados Galegos é unha plataforma para a promoción das prazas e mercados de Galicia, coa finalidade de impulsar a formación de praceiros/as e establecer unha rede de mercados cada vez máis dinámicos, modernos e preparados para o futuro.
Ver mercados galegosQue é Mercados Galegos:
É unha iniciativa da Dirección Xeral de Comercio, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia coa finalidade de apoiar a visibilidade, formación, calidade e innovación dos mercados e prazas de abastos de Galicia.
Descubre a rede de Mercados Excelentes
Un distintivo outorgado aos mercados e prazas de abastos galegos que cumpren cos máis altos estándares: instalacións, servizos que ofrecen e xestión do mercado.
Comeza por aquí:
Ver mercados excelentesComo obter o Selo de Mercado Excelente?
Se eres praceiro/a, xerente dun mercado, asociación ou administración local, en Mercados Galegos atoparás toda a información para acadar o distintivo de excelencia para o teu mercado.
Iniciar autoavaliaciónCando medra un mercado, medra tamén a súa contorna.
-
Son motores de emprego e emprendemento, xerando oportunidades laborais directas e indirectas. Favorecen o relevo xeracional, o autoemprego e a creación de novos negocios vinculados ao comercio de proximidade.
-
Trátase de espazos de interese turístico que permiten descubrir a identidade, a cultura e as tradicións de cada vila. Ofrecen experiencias auténticas arredor dos produtos locais, da gastronomía e do contacto directo coa poboación local.
-
Os mercados enchen de actividade, movemento e vida os centros urbanos, converténdose en lugares de encontro e convivencia. A súa actividade contribúe a dinamizar as rúas, atraer visitantes e manter vivas as nosas vilas.
-
Os mercados promoven un efecto tractor do comercio de proximidade, atraendo consumidores que tamén visitan outros establecementos da contorna. Favorecen unha economía local dinámica, sostible e conectada co territorio.
-
Son escaparates privilexiados da calidade, variedade e autenticidade dos produtos galegos. Poñen en valor os alimentos de proximidade, os produtos de tempada e as denominacións de orixe, apoiando directamente os nosos produtores.
-
As prazas de abastos conectan o produto fresco e de calidade coa cociña e a gastronomía local. Inspiran novas experiencias culinarias, favorecen a colaboración coa hostalaría e contribúen a promocionar a riqueza gastronómica de Galicia.
Mercados con historia. Mercados con futuro.
Coidar os nosos mercados é preservar a súa esencia, apoiar o produto de proximidade e fortalecer o comercio local.
Pero tamén é axudalos a evolucionar, mellorar e responder ás novas necesidades das persoas que os visitan cada día.
Porque potenciar os nosos mercados é potenciar Galicia.
Precisas axuda?
Asistente automático con intelixencia artificial: pode equivocarse, comproba a información importante nas fontes oficiais. Non escribas datos persoais: as preguntas envíanse a un servizo externo para respondelas. Privacidade


